Publicacións

PROPOSTA DE TRABALLO POR CURSOS

A idea de plantexarnos que os alimentos están vivos ten un dobre sentido. Están vivos porque son seres vivos, xa sexan animais ou plantas. Teñen vida porque cumpren as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. Posto que falamos de alimentos, é dicir comida, no momento de ser inxeridos poden estar ou non vivos. Esto depende do tipo de alimento e sobre todo do ser vivo que o vai a consumir. Os animais salvaxes aliméntanse doutros animais vivos. O home acostumouse a cociñar os alimentos. A excepción son a maioría das froitas que se consumen crúas. Por outro lado no proxecto do ano anterior (17/18) fixemos que unha serie de alimentos cobrasen vida, no sentido de animalos. Tratábanse de mascotas en oito cores distintas que dotamos de vida: ollos, nariz, boca, brazos, pernas… En resumo VIDA de SER VIVO e vida de PERSONAXE ANIMADO. A pregunta de: DEIXARANSE MANIPULAR? Tamén xoga ao dobre sentido. Manipular de tocar, coller, cortar… e manipular de deixarse convencer para mostrar u…